Programas de medioambiente no Concello de Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Área recreativa e medioambiental do Muíño de Chao (Pedroso)

En Narón atoparás un bo número de programas relacionados co medioambiente. Anímaste a pasar unha fin de semana de rutas de sendeirismo? ou que che parece estar uns días no parque Temático de Desenvolvemento Rural en Sedes ou na área recreativa do muíño de Chao en Pedroso?

En Dameuntoke ímosche explicar a oferta que podes encontrar no noso municipio:

Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural sito en Sedes (Narón) que conta con: cortes de gado autóctono, casa tradicional, bosque autóctono, estación solar, campa das enerxías, hortas ecolóxicas, apiario, invernadoiro, eira museo, albergue, estación de rutas, etc.

  • Programa de Educación ambiental e divulgación etnográfica "Corredoira Verde"

Rutas de educación medioambiental realizadas por todo o territorio galego. Ademais de camiñar e coñecer novos paraxes, recibirás asesoramento por parte de profesionais sobre patrimonio natural e arquitectónico, consellos medio ambientais, etc.

As rutas soen empezar a finais de abril e realízanse durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro. As saídas son todos os sábados.

  • Programa de educación para a sustentabilidade

Proposta de accións integradas e coordinadas da educación ambiental sobre o Río Xuvia como Espazo Natural Protexido. Achega de ideas e propostas de actuación conxunta dos concellos da traza fluvial do Río Xuvia para desenvolver con financiamento do programa LEADER do GAL do Golfo Ártabro.

   - Apicultura e saúde: Produtos de colmea e alimentación saudable: xornadas de apicultura e saúde que inclúe: charlas, conferencias divulgativas, exposicións, obradoiros, etc.

   - Programa de Concello Saudable "Consanar 09": accións que abarcan distintos niveis de intervención médica, fisico-deportiva, nutricional e socioeducativo dirixido a distintos grupos de poboación.

   - Programa educacional "Alisana" de ecoloxía e alimentación sa

   - Feira do mel e dos produtos ecolóxicos: Dentro do programa de educación ambiental relacionado coa nutrición e fomento dunha agricultura e apicultura sustentable, realízase este encontro de produtos na Feira Municipal do Trece. A data na que soe realizarse este encontro é no mes de outubro.

  • P.T.I.D.R ALDEA NOVA

Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural sito en Sedes (Narón) que conta con : cortes de gado autóctono, casa tradicional, bosque autóctono, estación solar, campa das enerxías,hortas ecolóxicas, apiario, invernadoiro, eira museo, albergue, estación de rutas, etc.

O parque permanece aberto todos os días do ano e pode visitarse.

Máis información

www.aldeanova.es e o correo electrónico: aldeanota@aldeanova.es. Os teléfonos de contacto: 981102592 e o 666407612.

  • Área recreativa e medioambiental do Muíño Chao (Pedroso)

 Área recreativa situada en Pedroso (Narón) con zona de acampada, merendeiro, bungalows, aparcadoiro e muíño reconstruído e en funcionamento.

Realízanse visitas guiadas e obradoiros didácticos como o "ciclo do pan".

Máis información

www.campingrioxuvia.com

Concello de Narón. Servizo Sociocomunitario Municipal. Teléfono: 98133770

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar