Proxecto EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural 2019

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_youth-3465038_640.jpg

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha unha nova edición do proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais.

Destinatarios/as: 

  • Mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.

Número de prazas: 50.

Duración: de abril a novembro de 2019.

O prazo de inscrición é do 24 de abril ao 8 de maio de 2019 a través do seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/16714-proxecto-emprural-emprendemenro-xuvenil-no-rural-edicion-2019

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar