NOVAS

Queres coñecer Sicilia? “A Xuventude no mundo” 2017 é a túa oportunidade

Publicado o 30 de Marzo de 2017

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a  Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un intercambio a Sicilia-Italia.

O obxectivo deste intercambio é facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, medioambientais e lingüísticas e así ser quen de comprender a diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais.

O intercambio realizarase entre o 27 de abril e o 4 de maio de 2017. Poderán gozar desta experiencia un total de 10 persoas que irán acompañadas por un coordinador ou coordinadora. O intercambio localizarase xeograficamente no termo dos 13 municipios do Consorcio Intercomunale de Valli Joniche da provincia de Mesina.

Quen pode participar? Mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran nos tres últimos anos de A Xuventude no Mundo.

Cando podes facer a inscrición? Dende o 29 de marzo ao 5 de abril. Bulide!! Tedes que facelo mediante envío do formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.

A admisión será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

Que inclúe?

 

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
  • Transporte no ámbito do intercambio.

 

As actividades organizadas pola entidade de acollida son as seguintes:

 

  • Coñecemento da entidade de acollida (Consorcio de 13 concellos do Val Joniche).
  • Workshops diversos sobre medio ambiente.
  • Percorrido cultural polos principais monumentos dos  concellos de Pagliara , Mandanici, Itala,Ali,Terme,Scaletta Zanclea, Nizza de Sicilia, Rocalumera.
  • Visita as cidades de Taormina , Giardini Naxos e Castelmola.
  • Tour polo volcán Etna.
  • Conferencia sobre aforro de enerxía.
  • Visita a unha Fiandeira.
  • Cea internacional siciliana- galega/española e italiana,

 

Que temos que pagar se acadamos unha praza?

 

  • Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio
  • A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.

 

Se precisas máis información:

 

Formulario de solicitude