NOVAS

Queres practicar ciclismo? Novo club cliclista de BTT: "Camaleones Narón Bike"

Publicado o 20 de Febreiro de 2017

O concelleiro de Deportes, Román Romero presentou a semana pasada un novo club ciclista de Narón: Camaleones Narón Bike (Páxina de Facebook).

 O Club Camaleones Narón Bike conta na actualidade con 38 licencias, principalmente de veciños e veciñas de Narón aínda que tamén doutras persoas de concellos de Ferrolterra. Aínda que é agora cando se constuíu oficialmente, leva catro anos de traballo, recorda o seu presidente, tanto en ciclismo como a nivel de competicións deportivas. Tanto é así que nos tres vindeiros meses teñen pechada a súa participación en catorce probas das modalidades de: Enduro, BTT, Descenso e Estrada.

O presidente da entidade, Antonio Castro, e un dos vogais, Juan Ricardo Costoya, acudiron á rolda de prensa para dar a coñecer a primeira das actividades oficiais deste clube, que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro no local social da Solaina.  Trátase, tal e como explicaron, dunha charla titulada: “Zonas de adestramento… Que queremos facer”, que dará comezo ás 12:30 horas e correrá a cargo de Javier Castro, especialista en planificación e tecnificación de deportes. A Concellería de Deportes de Narón colabora con esta actividade, aberta á participación das persoas que practican tanto ciclismo como atletismo, tal e como explicou o edil Román Romero. O presidente do club Camaleones Narón Bike, Antonio Castro, agradeceu publicamente a colaboración do Concello de Narón nesta primeira actividade. Pola súa parte, o edil de Deportes, Román Romero, destacou o traballo do novo clube, así como o nivel das persoas que forman parte do mesmo, animando aos amantes do ciclismo e do atletismo a acudir a esta primeira actividade organizada polo colectivo.