Reanúdase o prazo para solicitar as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C

Versión para impresoraEnviar a un amigo
1a1ab22dc860193403be6d621371fed5_XL.jpg

A operación, financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, ten o obxectivo de impartir formación e posibilitar a obtención dun emprego de calidade.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

  • O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
  • O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
  • Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

 

Requisitos das persoas solicitantes:

  • Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C. 
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

  • Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020

Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020

Consulta o folleto informativo

 

Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?

  • Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela.
  • Espazos Xoves.
  • Cámaras de Comercio.
  • Oficinas Municipais de información Xuvenil.

 

Temporalmente, mentres dure o estado de alarma podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar