A segunda edición do Salón infantil Pequeniños Pequeniñas celebrarase esta fin de semana no pavillón Campo da Serra

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Pequeniños PequeniñasR.jpg

A segunda edición do Salón Infantil Pequeniños Pequeniñas terá lugar esta fin de semana, os días 1 e 2 de decembro, no pavillón Campo da Serra. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, dirixido ao público familiar e que contará coa presencia dunha vintena de expositores que se poderán visitar os dous días, de 11.00 a 14.30 e desde as 16.30 ata as 20.30 horas. A entrada ao recinto é de balde.

Os expositores amosarán aos visitantes as últimas novidades en moda infantil e de adultos, xoguetes, animación, academias de ensino, repostería creativa e bisutería, información sobre saúde, entre outros, tal e como avanzou a concelleira. Así mesmo, ás 18.00 horas poderanse presenciar os dous días catro coreografías, a cargo do Estudio de Danza Paloma e haberá tamén varios obradoiros, todos eles de balde. Entre as opcións nas que poderán elixir aquelas persoas que queiran participar nos obradoiros están: un de Magformers (xogos educativos), outro de repostería creativa (no que se farán galletas de Nadal), outro de Slimes Navideños (no que fabricarán figuras cunha masa viscosa) ou tarxetería de Nadal. 

Haberá tamén demostracións en vivo de Bellypaint, maquillando a barriga dunha muller embarazada, e ofrecerase aos nenos e nenas a posibilidade de que un equipo de profesionais os maquille para convertilos en trasnos ou personaxes navideños.

A oferta infantil completarase, tal e como explicou Gómez, cunha zona de xogos con inchables e obradoiros de globoflexia, se ben tamén haberá un espazo reservado para actividades relacionadas coa robótica, electrónica, drons e grafitte.

A concelleira de Feiras e Mercados asegurou que “nesta segunda edición do Salón Infantil Pequeniños Pequeniñas ofrecerase unha maior variedade de propostas para as persoas que se despracen ao pavillón Campo da Serra, donde poderán desfrutar en familia de moitas actividades e, ao tempo, recibir información nos expositores sobre as últimas tendencias en moda, repostería ou entretemento”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar