Tes entre 11 e 15 anos? Xa está aberto o prazo para inscribirse na “Campaña de inverno 2020” da Deputación da Coruña

Versión para impresoraEnviar a un amigo
deputacion2020+.jpg

O prazo de inscrición na "Campaña de inverno 2020" promovida pola Deputación da Coruña estará aberto ata o vindeiro 4 de decembro.

A administración provincial oferta trece prazas para Narón, ás que podedes optar os nenos e nenas de 11 a 15 anos (ambas idades incluídas). Para inscribirse hai que cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas webs: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dacoruna.gal- e cumplimentala cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello acompañada pola documentación requerida para formalizar a citada inscrición. 

As mozas e mozos de Narón iredes na cuarta quenda, que terá lugar entre os días 14 e 17 de febreiro. Durante eses días estaredes aloxados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Terán preferencia á hora de participar os nenos e nenas que non foron a ningunha das anteriores campañas da neve da Deputación, tal e como figura nas bases. O sorteo das prazas realizarase dende o día 5 de decembro ata o 16 do citado mes.

A cota que teredes que aboar por participar é de 85 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados.

A través desta iniciativa apóstase por fomentar a práctica do esquí entre a xente máis nova de Narón.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar