Últimas prazas para o curso de Ofimática prepatatorio do exame Codix que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia

Versión para impresoraEnviar a un amigo
teclado_10052021_dameuntoke.png

As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo a través da plataforma Cemit.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que aínda quedan algunhas prazas para inscribirse no curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix (232 horas) que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo a través da plataforma Cemit, no enlace:  https://cemit.xunta.gal/es/centro/48.

A citada acción formativa desenvolverase do 10 de maio ao 30 de xullo e diríxese a un máximo de nove persoas –cumprindo os protocolos derivados da covid-19-. Impartirase en quenda de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas e o alumnado abordará, entre outros, temas como o sistema operativo e a procura de información; aplicacións informáticas de tratamento de textos; de follas de cálculo, de bases de datos relacionais

Unha vez que as persoas se anoten na plataforma Cemit recibirán unha mensaxe de admisión, considerándose como reservas a partir da novena, por ser o límite establecido para a convocatoria. Así mesmo, as persoas admitidas serán avisadas telefonicamente, días previos ao inicio do curso.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar