Últimos días para inscribirse nun curso de Comunicación Social Media a través da plataforma Cemit

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Curso.jpg

As persoas que desexen matricularse no curso de Comunicación Social Media que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia poden reservar a súa praza –hay un total de doce- a través da rede Cemit, debendo estar dados de alta na citada plataforma.

A través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48 ofrécese a opción de inscribirse nesta acción formativa, dispoñendo de prazo ata o 28 de febreiro, tal e como indicou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida.

  1. Características: O curso consta dun total de 40 formativas e a previsión é que as sesións se impartan dende o 5 de marzo ata o 20 de abril, os luns, mércores e venres en horario de 20.00 a 22.00.
  2. Temas: O alumnado abordará nas clases temas como a introducción ao Copywritting, as diferencias á hora de escribir para plataformas e medios de comunicación, os métodos para a captación da atención, a redacción de títulos atractivos e como compartir contidos en redes sociais, entre outros.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar