Un martes de lectura cos Bolechas
Na Biblioteca municipal de Naron atoparedes a maior parte da serie de literatura infantil "Os Bolechas".
Nos ultimos anos son os protagonistas da máis nutrida serie da nosa literatura infantil. Contan cunha lexión de seguidores entre os máis pequenos sen teren máis soporte que o libro ilustrado. Cada vez tocan máis ámbitos e visitan máis lugares da nosa xeografÃa. Ata comezan a ter, cousa rara no noso paÃs, os seus propios obxectos de mercadotecnia asociados.
Hai case cen tÃtulos que recollen dun ou doutro xeito, as aventuras dos Bolechas. Cada novo lanzamento consigue unha rápida aceptación do público máis novo ata o punto de conseguir converterse en todo un fenómeno social entre os galegos máis novos sen contar apenas con apoios publicitarios. Por vez primeira no noso paÃs, personaxes que parten dos libros para nenos conseguen os seus propios obxectos de mercadotecnia, chegan fóra das nosas fronteiras e ameazan aÃnda con continuar unha sorprendente expansión.
A orixe
Todo comezou como unha iniciativa do prolÃfico Pepe Carreiro. "Foi un proxecto que presentei eu en A Nosa Terra", explica o autor. "QuerÃa facer unha serie con personaxes fixos e co único fin de divertir os primeiros lectores. Ademais, querÃa fuxir de fantasÃas e de leccións morais, a idea era só que pasasen un bo momento a ler o libro e que as aventuras fosen as que teñen os nenos todos os dÃas coas billas, as camas ou no parque".
Unha familia de seis irmáns, Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e Tatá, canda ao cadelo Chispa, foron os protagonistas desta iniciativa, que axiña conseguiu unha boa aceptación entre os máis novos.
Desde o primeiro "Os Bolechas fan maxia" do ano 2000, os irmáns teñen feito actividades tan variadas como lavar o can, mercar roupa, ir de excusión, de pesca, ao médico, ao supermercado, á praia, á aldea, ao circo, ao cine e á piscina. Carreiro meteu os irmáns nun parque de atraccións, en ascensor e en caravana, nun festival e mesmo nunha hamburguesarÃa. Tamén fixeron un carro, xogaron co computador, ás agochadas, ao baloncesto, perderon o can, namoraron, rifaron, fixeron pis e realizaron aÃnda un bo lote de actividades máis nun total de trinta e dous tÃtulos da colección principal.

Concello de Narón