NOVAS

XIV Concurso de fotografía de viaxes "Viaxarte 2017"

Publicado o 29 de Agosto de 2017

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil convocou a XIV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte".

Se tes entre 15 e 30 anos, tráenos as mellores fotografías das túas viaxes, e poderás gañar unha fantástica viaxe a unha capital europea. Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema de experiencias viaxeiras.

O prazo de admisión  de orixinais manterase aberto ata o 4 de setembro ás 13:30 horas.

REQUISITOS

  • As persoas gañadoras de edicións anteriores do Concurso Non terán opción a premio en ningunha das categorías.
  • As persoas participantes deben ser as únicas titulares dos dereitos de autoría das fotografías presentadas e feitas legalmente.
  • As obras presentaranse a título individual e deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos.
  • Establécense dúas modalidades de participación: fotografía individual e serie fotográfica. As persoas participantes só poderán participar nunha das modalidades e poderán enviar, como máximo, 3 fotografías.
  • As fotografías terán un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 40 x 50 cm, e deberán presentarse en soporte de cartón pluma ou similar. Non se admitirán composicións con cristal, e poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.
  • Tamén se presentará, en soporte dixital:
    • Unha copia da fotografía en formato de arquivo dixital JPEG/JPG e de dimensións mínimas de 1024 x 768, cun peso máximo de 5 Mb.
    • Un arquivo de texto en formato OpenOffice/Word dun máximo de 10 liñas, cun breve resumo da viaxe que motivou a fotografía (lugar, datas aproximadas da viaxe e algún breve comentario sobre ela).
  •  Xunto coa/s fotografía/s, presentaranse 2 sobres pechados:
    • Un sobre ca ficha de inscrición, a fotocopia do DNI ou pasaporte. No caso de que a/o participante sexa menor de idade, a autorización do pai/nai/titor legal así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación. O modelo de dita autorización pode descargarse dende aquí.
    • Outro sobre co CD/Pendrive cos arquivos dixitais solicitados. Na parte exterior de ambos sobres, só constará o título da fotografía ou serie de fotografías presentadas.

 

REMUNERACIÓN/DOTACIÓN

Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas.

ENTREGA DE ORIXINAIS

As fotografías e documentación para participar neste concurso deberán presentarse, en calquera dos rexistros municipais (Pazo de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Sociocultural Ágora) ou demais lugares previstos legalmente.

Se alguén presenta a solicitude nalgún dos lugares recollidos na normativa, diferente a un rexistro municipal deste Concello, deberá enviar un correo electrónico a cmix@coruna.es antes do 4 de setembro ás 13:30 indicando dito extremo. Neste caso o enderezo de envío das fotografías será o seguinte:

Concello da Coruña

Rexistro Xeral de María Pita

Praza de María Pita, 1

15001 A Coruña

Consulta as bases completas en www.coruna.gal/viaxarte

Máis información no Centro Municipal de Información Xuvenil, no Fórum Metropolitano (R/Río Monelos, 1, A Coruña; teléfono 981 184 294; dirección electrónica  cmix@coruna.es e páxina web www.coruna.gal/cmix