NOVAS

Xuventude Crea 2018

Publicado o 20 de Agosto de 2018

Está na rúa unha nova edición do certame Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos

  1. Aínda non coñeces Xuventude Crea?

 

É un certame galego dirixido a mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia entre 16 e 30 anos. Este certame ten premios en cada especialidade: primerio de 3000 euros, un segundo de 1500 euros e un terceiro de 1000 euros.

Inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate.

 

  1. Como participar?

 

Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade. Tedes ata o día 21 de setembro do 2018 para participar. A solicitude das persoas participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I). Que aparece o final do DOG e coas suas respectivas bases dependendo da modalidade: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0425-020818-0001_gl.html

Nesta ligazón ao documento para a solicitude hai que sinalar a especialidade e o solicitado en relación con esa especialidade xunto co anexo II. Como? Utilizando o formulario que dispós na web da Xunta de Galicia https:/sede.xunta.gal

A maiores debes seguir estas indicacións:

- Tanto na obra como na documentación non figurarán datos identificativos.

- Tes que enviar un sobre pechado co título e o pseudónimo que queras poñer co boletín de isncrición (anexo II) coa seguinte documentación:

 

  • Copia do DNI polas dúas caras.
  • No caso de que sexas menor de idade, deberás pedir autorización a vos teus pais
  • Certificado de empradoamento.
  • Calquera soporte visual que se envíe (CD, DVD). Ollo, deberá estar en boas condicións!

 

 

  1. Como se valoraran as obras e como se seleccionarán?

 

O xurado estará formado por un equipo de profesionais e expertos/as de recoñecido prestixio na especialidade concreta. Tamén na composición da selección procurarase acadar a presenza igualitaria de mulleres e homes. Os nomes das persoas integrantes de cada unha das comisión de selección serán publicados na páxina web: http://www.xuventude.xunta.gal

 

  1. E se resultas premiado/a?

 

Serás notificado, no prazo máximo de seis meses, contados desde o día seguinte ao da publicación del DOG.

 

  1. Precisas máis información?

 

Podes consultar as bases do DOG do programa Xuventude Crea aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0425-020818-0001_gl.html

Tamén chamando a: 981 541 689 e 981 545 702

O enviando un correo a: xuventudecrea.cps@xunta.gal

Sorte!!