Xuventude Crea 2018: concurso para seleccionar o cartel

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Xuventude_Cartel.jpg

A Consellería de Política Social con motivo do programa Xuventude Crea 2018, convoca un concurso co fin de elaborar o seu cartel.

Quen pode participar? Persoas entre 18 e 30 anos, residentes en Galicia (non sendo o/a gañador/a do premio na edición do 2017).

A temática? O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2018” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, skate, teatro e videocreación.

Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.

Ata cando e onde podedes presentar obras? Ata o 28 de febreiro de 2018 e poderanse enviar por correo postal a:

Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2018

Consellería de Política Social

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º

15781 Santiago de Compostela

Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.

Interésache participar? Consulta a información completa no portal Xuventude.net 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar