O Concello abre hoxe o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e comedores escolares durante o curso 2020-2021

Versión para impresoraEnviar a un amigo
materialescolar.jpg

As solicitudes poderán realizarse a través da Sede Electrónica ou acudindo en persoa ao Rexistro Xeral do Concello.

O Concello manterá aberto dende hoxe, luns, día 27, ata o 14 de agosto (ambos incluídos) o prazo para solicitar axudas municipais para adquisición de material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e as de comedor para centros concertados no curso académico 2020-2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concellode luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas–, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial. Diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través deste enlace as de material escolar e nesta outra ligazón as dos comedores escolares.

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas beneficiarias destas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar