O Concello abre o prazo de solicitude de bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Subministros

As persoas que xa recibisen a bonificación o último ano deberán solicitala de novo

O Concello abre este martes o prazo de solicitude das bonificacións das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2021. As persoas que as soliciten, tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, poderán facelo ata o día 20 de setembro, incluído.

As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou do Rexistro Municipal do Concello —neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas—. Os impresos e a información ao completo sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio.

A edil naronesa explicou que aquelas persoas que teñan concedida a bonificación para este ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se teñen en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. No caso de que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpran agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para incrementar a bonificación.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar