O Concello abriu o luns o prazo de inscrición en dous obradoiros de cociña que impartirán Lucía Freitas e Moisés Rodríguez

Versión para impresoraEnviar a un amigo
David Pita.jpg

Os dous obradoiros programados disporán dun total de quince prazas para cada un, e serán impartidos por profesionais da cocina galegos.

O Concello organiza dous obradoiros dirixidos a profesionais do sector hostaleiro da cidade que impartirán dous recoñecidos cociñeiros galegos, Lucía Freitas e Moisés Rodríguez. Así o indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que anunciou que os representantes do sector hostaleiro naronés que se queiran inscribir poden facelo o pasado luns, día 17, a través da dirección: www.eventi.es/blog, onde teñen dispoñible o formulario para cumprimentar os datos precisos. Os obradoiros son de balde e haberá un total de quince prazas para cada un deles, que se concederán por orde de inscrición.

O obradoiro sobre “Elaboración de tapas” a cargo de Lucía Freitas terá lugar o día 24 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e o de “Cociña saudable”, a cargo de Moisés Rodríguez, será o 31 deste mesmo mes en horario de 16.00 a 19.00.

Pita destacou a traxectoria dos dous profesionais que impartirán estes obradoiros, “a través dos que impulsamos unha nova iniciativa encamiñada a un sector moi específico da nosa cidade e co obxectivo de ofrecerlles unha formación de balde, de gran calidade e que poidan aplicar nos seus propios negocios a través das ensinanzas de Lucía Freitas e Moisés Rodríguez”.

Lucía Freitas, cunha dilatada formación dende moza no mundo da cociña, traballou con grandes profesionais como Jordi Butrón, Ramón Morató, Jordi Roca, do Celler de Can Roca, Pepe Rodríguez, de Bohío, entre outros, ata que abriu o seu propio restaurante, A Tafona, en Santiago de Compostela para posteriormente abrir en Nueva York o restaurante “Tomiño”, internacionalizando a cociña galega e outro establecemento, “Lume”, tamén en Compostela.

O adestrador personal Moisés Rodríguez tamén se formou con varios profesionais e na actualidade combina a súa faceta de adestrador coa ensinanza da cociña saudable. Presenta na TVG o programa “Estache bó!” e traballa dende “El Taller”, en Ourense, coa súa moza Adriana, Nutritional Coaching.

Os asistentes estarán obrigados a utilizar máscara e disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico, debendo cumprir todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar