O Concello apoia a iniciativa de A Mesa pola Normalización Lingüística para crear unha canle Xabarín Club na Televisión de Galicia

Versión para impresoraEnviar a un amigo
xabportadaface-960x490-.jpg

O proxecto pretende chegar ao Parlamento para se realizar un debate sobre a súa implantación.

O Concello de Narón sumouse á iniciativa de A Mesa pola Normalización Lingüística para crear unha canle Xabarín Club na Televisión de Galicia, dispoñendo así de programación para público infantil e xuvenil en galego. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que A Mesa, a través dunha proposición parlamentaria por Iniciativa Popular trata de que esa proposta a asuma algún dos grupos do Parlamento galego para proceder ao seu debate, para o que se require un número mínimo de sinaturas.

Co fin de reunir parte desas sinaturas necesarias, están a disposición da cidadanía uns pregos que se poden asinar dende hoxe na Biblioteca municipal –no horario de apertura- en apoio a esta iniciativa. As persoas que desexen consultar máis información poden facelo a través do enlace: https://www.amesa.gal/xabarin.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar