O Concello reactiva a Aula Cemit retomando un Curso preparatorio do exame CODIX e outro de Internet e informática básica

Versión para impresoraEnviar a un amigo
computer-768608_640.jpg

Retómanse as formacións que foran interrompidas o pasado mes de amrzo a causa do anuncio do estado de alarma.

Alumnado do Curso preparatorio do exame CODIX e do de Internet e informática básica que antes de decretarse o estado de alarma, o pasado mes de marzo, se realizaban na Aula Cemit de Xuvia, retomará mañá as súas clases. Así o anunciou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que explicou que se reactivan mañá luns estes dous cursos, “seguindo todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19 e retomando paulatinamente a normalidade nestas aulas formativas”.

No que respecta ao Curso preparatorio do exame CODIX as alumnas e alumnos rematarán nas vindeiras semanas, ata o 14 de agosto, as 125 horas formativas que quedaron pendientes de impartir. As clases serán de 9.00 a 14.00 horas. Así mesmo, no caso do alumnado do curso de Internet e informática básica, quedaron pendientes de realizar 48 horas, que se retomarán mañá na quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e que se completarán o 28 deste mes, cando finalice este curso, tal e como explicou Hermida.

A edil responsable da área indicou que “unha vez que rematen estes dous cursos a previsión do Concello é darlle continuidade á formación coas accións formativas que figuran na plataforma de Aulas Cemit da Xunta e que xa estaban previstos para este ano na programación municipal”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar