O Pazo da Cultura acolleu onte pola mañá o programa de actos organizado con motivo do Correlingua 2020

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Correlingua 2020.jpg

A actriz galega Isabel Risco realizou unha lectura do manifesto gañador do Correlingua, elaborado por alumnado de terceiro curso da ESO.

O Pazo da Cultura de Narón acolleu onte a vixésima edición do Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo impulsada pola CIG Ensino A Mesa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de administracións públicas, entre elas o Concello de Narón. A cita desenvolveuse vía telemática, debido á actual situación sanitaria, retransmitíndose as actuacións programadas dende o propio Pazo aos centros da cidade, comarca e doutros concellos galegos.

“Vinte coa lingua!” foi o lema elixido para a actual edición desta convocatoria, que deu comezo ás 11.30 horas cunha presentación da actriz galega Isabel Risco, que leu o manifestó gañador do Correlingua, realizado por alumnado de terceiro curso da ESO do CPI de Zas. A continuación tivo lugar a actuación de Cé Orquestra Pantasma e de A Gramola Gominola, para pechar a convocatoria sobre as 12.30 horas.

Dende o Concello de Narón a edil de Ensino, Mercedes Taibo, recalcou que este evento representa “unha gran oportunidade para reivindicar o uso da nosa lingua e contribuír a manter vivo este gran patrimonio tamén nestes momentos, sensibilizando á poboación na importancia de defender o uso do galego” e felicitouse á organización do mesmo polo traballo realizado.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar