de interese
PARA AS/OS AMANTES DO CAMPISMO
Existe o Carné Internacional de Cámping (CCI) que é un documento de identidade para a persoa que acampa. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de danos a terceiros.
Podes obter descontos en material de acampada, deportes, parques de atraccións, museos... Nalgúns países é obrigatorio.
Podes facelo na provincia da Coruña no seguinte enderezo:
Cámping Caravaning Club Galicia - A Coruña
R/ Alcaldesa Berta Tapia, 7 baixos
15010, A Coruña
Tel.: 981 141 078
Horario: os xoves de 20,30 a 22,30 h.
Máis información:
RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE
Instalacións da Xunta de Galicia que permiten estancias temporais de familias ou grupos a prezos alcanzables.
Enderezos:
Residencia de tempo libre do Carballiño
Zona do Parque, s/n
32500, O Carballiño (Ourense)
Tel.: 988 271 106
Residencia de tempo libre de Panxón
R/ Cansadoura, 2
36340, Panxón, Nigrán (Pontevedra)
Tel.: 986 368 233. Correo electrónico: rtlpanxon@terra.es
VIAXES UNIÓN EUROPEA
"Viaxar por Europa 2008" é un novo portal oficial da Unión Europea para os que viaxen a calquera dos 27 países da UE. Tanto se a viaxe é de vacacións ou de negocios, a web ofrece consellos prácticos e suxestións útiles sobre varias cuestións de interese para os viaxeiros; ademais de ligazóns ás webs das oficinas nacionais de turismo da U.E.
REFUXIOS NA MONTAÑA
Se o que che gusta é perderte na montaña, en Galicia existen diferentes albergues que seguro que che daran darán aloxamento.
Provincia de Lugo
Refuxio A Seara
O Courel (Lugo). Tel: 982185324
Refuxio albergue dos Ancares Tel: 982228984
Provincia de Ourense
Refuxio Roxelio Pereira. Muíños. Macizo de Trevinca. Tel: 988 294 658
Refuxio Fonte da Cova. Trevinca. Tel: 988 320 869
Refuxio Cabeza de Manzaneda. Tel: 988372309
Provincia de Pontevedra
Refuxio de Miguel Regueira. Galiñeiro. Tel: 986438505
Refuxio Aloya. San Xulian.Tel: 986438505
ESCOLAS DE TEMPO LIBRE
Son escolas que están repartidas ao longo das catro provincias galegas e que pertencen á Xunta, nelas poderás obter o título homologado de monitor de actividades de tempo libre, director de actividades de tempo libre e director de campos de traballo.
Na seguinte ligazón poderás descargar as da provincia da Coruña (arquivo adxunto escolas de tempo libre da provincia da Coruña)
ALBERGUISMO
Os albergues son outra opción sa na que ocupar o teu tempo de ocio. Existen gran cantidade de albergues ao longo do territorio estatal e poderás ter opción a aloxamento sempre e cando posúas o carné de alberguista que pode ser de distintos tipos:
- Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 euros
- Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 euros
- Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 euros
- Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 euros
Este carné pódelo facer nas oficinas locais de mocidade como na:
Oficina Local de Ferrol - Edifico Administrativo da Xunta
Praza Camilo José Cela, 1º - 15403 (Ferrol)
Tel.: 981337290 - Fax: 981337013
Horario de 9 a 14 h.
Máis información
Rede española de Albergues Xuvenís
- Albergue Clube Ancares: Albergue situado en Campo de Fieiro, Degrada, Cervantes. Ofrece habitacións con baño e liteiras así como comidas caseira. Teléfono de contacto: 982181113.
UTILIZA O TREN
Se o que che gustan son as viaxes panorámicas en tren que mellor que o INTER RAÍL, un billete que che vai a permitir viaxar por toda Europa a un prezo alcanzable. Hai diferentes modalidades e diferentes prezos dependendo da idade que tes cando saes do punto de destino.
Como é un billete de tren, pódese comprar en calquera despacho de billetes de Renfe, en moitas axencias de viaxe ou a través de internet.
Os itinerarios que podes elixir son flexibles e os custos dependerán da zona que queiramos visitar.
Os países que compoñen a oferta global son: Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Austria, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Finlandia, Grecia, Irlanda, Estado Español, Suíza, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Portugal, Romanía, Bulgaria, República Checa, Macedonia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, Turquía e Bosnia).
Máis información en www.interrailnet.com

Concello de Narón