OMIX

Versión para impresoraEnviar a un amigo

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Narón é un servizo público e de balde que ofrece información asesoramento e información sobre temas de interese para a mocidade como traballos, obradoiros, becas, axudas de estudo, obxección, saúde, tempo libre, cursos, asociacionismo.

Imaxe da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón

Os obxetivos da OMIX do Concello de Narón son:

 - Transmitir información da rede OMIX galega á mocidade do Concello.

 - Atención informativa específica aos usuarios que o demanden.

 - Recoller, catalogar, elaborar e distribuir canta información sexa de interese para os mozos e mozas.

 - Ofertar os recursos comunitarios

 - Dinamizar a vida asociativa da mocidade.

 

Encontrámosnos na 1ª pranta da Casa do Concello. Praza de Galicia, s/n, 15570 (Narón).

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Narón está aberta durante todo o ano ofrecendo información especializada a mocidade, dende os 12 aos 35 anos. O horario de atención ao público é de 8:30 a 13:00 horas de luns a venres (de xuño a setembro) e de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres (de outubro a maio).

O Concello de Narón para lograr o óptimo funcionamento da OMIX aporta un educador social e os recursos materiais necesarios para desenvolver todas as actividades asociadas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar