A 'XXXVI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil' chegou esta semana ao alumnado de educación Infantil

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Representación Mostra Teatro.jpg

Máis de douscentos alumnos e alumnas puideron gozar do espectáculo teatral.

As escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros acollen dende este luns as representacións programadas no marco da 'XXXVI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil' organizada polo Padroado da Cultura de Narón e na que colaboran o Agadic e a Deputación da Coruña. A compañía “Teloncillo” representa nestes centros, para nenas e nenos de 0 a 3 anos, o espectáculo “Cocina”. As sesións comezaron o luns na Solaina e continuaron este martes en Piñeiros, se ben rematan este mércores na EIM da Gándara. As representacións teñen lugar entre as 9.30 e as 10.30 horas.

Máis de douscentos menores puideron ver o espectáculo de “Teloncillo”, que parte de poemas de recoñecidos autores como Ignacio Sanz, Carmen Galán Susana Gómez ou Antonio Rubio, entre outros, que axudan a crear o ambiente idóneo nunha cociña na que o público vai descubrindo as primeiras texturas, os primeiros sabores e, en definitiva, experimentar cos sentidos. Os froitos, os cubertos, cazolas, vaixelas… permiten encher de cor un escenario en branco e negro empregado para achegar a poesía, a música, o ritmo e as cancións aos máis pequenos da casa.

A obra “Cocina”, de teatro para bebés e dirixido a público familiar e infantil (de entre 6 meses e 5 anos), representouse tamén o pasado domingo, día 15, no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas, no marco da programación do último cuadrimestre do ano do Padroado da Cultura.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar